As loitas veciñais na Rururbania. Domingo 29, 19.00h

ofimático1

A expansión das cidades en Galicia e na Bretaña histórica continúa a facerse no 2013 a costa dos veciños, dos ben públicos e comunais, e da substitución de terras e agras por cemento. ¿Quen dixo crise?
Pero os conflictos veciñais que se están a producir fannos ver que hai novas maneiras de mirar á cidade. Benvidos na Rururbania, a cidade onde vivimos non é como nola teñen contado. Unha mirada ao que acontece no barrio de Elviña, na Coruña, no commune de Notre-Dame-des-Landes, Bretaña e na parroquia de Cabral, en Vigo.
Unha selección de Abarlovento -Asociación CulturalTankollectif e Tecnoloxías Apropiadas

> Elviña (A Coruña)

> “Notre Dame des Navios (Nuestra

Señora de los Aviones)”

> “Je suis Notre Dame des Landes” (Yo sigo à Nuestra señora de las Landes”) [Bretaña histórica

>[Porto] Cabral (Vigo)

Advertisements
Publicado en Uncategorized | Etiquetado | Deixar un comentario

Etnografías II. Proxecto Rotopala + Música en branco: Memoria da Agra do Orzán. Domingo 29, 17.30h

Novas miradas planexan sobre vilas e cidades:

O proxecto rotopala de Videodinamizarte achéganos á vila das Pontes de García Rodríguez (Galiza) e Konin (Polonia) a través dos imaxinarios recentes creados pola industria. O novo patrimonio herdado: a Rotopala, o enorme enxeño da mina de carbón a enorme máquinas extractoras de carbón. Unha reflexión sobre o patrimonio industrial e a reconversión económica e social de duas vilas mineiras a través da viaxe de dúas rotopalas.

Música en branco achéganos ó barrio da Agra do Orzán a través dunha chea de ferramentas de participación e innovación social: un programa de radio itinerante dirixido por Xurxo Souto, as Barriografías; un obradoiro de construción colaborativa de rutas de sendeirismo rururbano con Cristina Anllo;a creación dun barrio-museo intelixente mediante audioguías a cargo do colectivo Escoitar.org; unha convocatoria pública de microproxectos de intervención cultural; a representación plástica do son e a recolleita da testemuños orais dos maiores realizados por escolas e institutos da contorna; o Contedor de Feminismos de Carme Nogueira, Anxela Caramés e Uqui Permui; a elaboración dun mapa sonoro do barrio a partir das microhistorias da música recollidas polo equipo de Música en Branco…

Publicado en Uncategorized | Etiquetado | Deixar un comentario

Llorenç Soler. Cuestionando o progreso. Domingo 29, 12.00h

monteDúas olladas de Llorenç Soler para compoñer un díptico que cuestiona a noción convencional de progreso. Prácticas colectivas e defensa do territorio fronte a unha idea do progreso baseada na velocidade e o individualismo. Retratos das loitas veciñais contra a construción da Autopista do Atlántico e pola recuperación dos montes veciñais en man común. Co consenso da Transición esnaquizado a recuperación destas pezas revela un pliegue na historia e que quizais estamos máis cerca do 77 do que estabamos hai dez anos.

Dixo Llorenç Soler: “Así que en el verano del 77 me encuentro en Pontevedra rodando un documental de contrainformación dedicado a una de las luchas populares que en aquellos momentos era más virulenta: la lucha contra la construcción de la Autopista del Atlántico. Con ayuda de la Coordinadora de afectados realizo Autopista, unha navallada á nosa terra, que en seguida se convierte en un arma. Los afectados montan sesiones a lo largo y ancho de la nación gallega. De nuevo el cine de combate adquiere su pleno sentido, con fuerza y presencia en la lucha.”

Sobre o monte é noso:”En principio, tal como hiciera con Autopista, yo producía el film, pero, en este caso, la Coordinadora se comprometía a asumir el coste económico a base de ir consiguiendo ayudas voluntarias en todas las sesiones. El film se finació en su casi totalidad de esta manera. El concepto de cine al servicio de las luchas populares calará en la gente. La experiencia de un cine financiado por las clases populares fue insólita, ejemplar. E irrepetible. ”
Llorenç Soler: Galicia y yo

Proxección:

Autopista, navallada na nosa terra de Llorenç Soler(28’)

O monte é nosso de Llorenç Soler (30’)

Publicado en Uncategorized | Etiquetado | Deixar un comentario

Etnografías I. Xes Chapela. Sábado 28, 20.00h

Xes Chapela, director e guionista con máis de 20 traballos no eido do documental nas súas costas. “Jazz en liberdade” foi o seu primeiro traballo como documentalista. En Curtopía presentaremos o traballo máis achegado á documentación etnográfica deste creador do Morrazo. O seu traballo máis recente “Milímetros” narra o proceso de recuperación de imaxes dos anos 30 esquecidas nun faiado. En “Lobos”, Xes dialoga coa memoria oral dunha aldea da Raia Seca en torno á impoñente figura do lobo. O propio Xes Chapela presentará e comentará os seus traballos. Actualmente Xes pertence á Rede europea de documentalistas EDN European Documentary Network.
Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

Mostras en Curtopía2013.

Un ano máis celébrase o festival de curtametraxes Curtopía no Alg-a Lab en Valadares (Vigo). Será os días 28 e 29 de setembro durante todo o día, dende as doce da mañá con moitísimas curtas, pero tamén concertos, vermús, e por suposto #govi.
Este ano vamos colaborar coa organización de catro mostras:

  • Etnografías I. Xes Chapela. Sábado 28, 20.00h
  • Etnografías II. Proxecto Rotopala + Música en branco: Memoria da Agra do Orzán. Domingo 29, 17.30h
  • Llorenç Soler. Cuestionando o progreso. Domingo 29, 12.00h
  • As loitas veciñais na Rururbania: Elviña, Notre-Dame-des-Landes e (Porto) Cabral. Domingo 29, 19.00h
Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

Este finde Curtopía en bus ou bici

¿Sabes que podes vir a Curtopía a pé, en bici ou en autobus?

A pé: podes subir a pé dende Vigo, Beade ou Matamá. Dende Castrelos leva ó redor de 50 min facendo este percorrido.
Dende Beade ou Matamá tes outras opcións…

En Bici: hai dúas saídas programadas para subir en bici ó festival Curtopía:
– o sábado 27 ás 15:00 na praza de América (o festival comeza ás 16:00)
– o domingo 28 ás 11:00 da mañá (o festival comeza ás 12:00)

Propoñemos unha ruta que é a que facemos nós, neste enlace, por castrelos- estrada de valadares – camiño do laranxo – camiño da igrexa
A duración do percorrido ciclista Praza de América-Festival é do redor de 25-30 min indo con tranquilidade. Son pouco mais de 5km. A convocatoria é aberta. No punto de saída non haberá xente da organización xa que nós teremos que estar arriba moito antes, así que o percorrido e o momento de saída teredes que xestionalo os propios participantes.

TÓDOS AQUELES QUE VEÑAN EN BICI Ó FESTIVAL CONVIDARÉMOSLLES A DÚAS CONSUMICIÓNS PARA QUE REPOÑAN FORZAS… (mesmo se veñen da Garrida ou Vincios, claro.)

En autobús: A liña C7 do Vitrasa te deixa moi perto do festival. Tes que baixar na parada do “Baile vello”. Pregúntalle ó conductor. Dende alí subindo polo Camiño do Laranxo e a 200m, chegas o alg-a lab. Está indicado. Podes consultar aquí

PARA BAIXAR HABERÁ UN BUS ESPECIAL DE VITRASA ÁS 03:30 NA PARADA DO “BAILE VELLO”

En auto: se aínda así vas subir no coche, tes que aparcar ó redor da igrexa, non intentes subir ó festival en coche, xa que non hai onde aparcar. A igrexa está moi preto.

-Aparcamento para furgonetas e Campers: aparca na igrexa de Valadares, hai sitio chairo e tranquilo.

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

Mostra “Persoeirxs do mainstream”

ABarlovento presenta unha selección de curtas galegas onde as persoas tórnanse persoeirxs a través da descuberta do cotián como verdadeiro mainstream.

Dentro do festival Curtopía no alg-a lab
Sábado – 20:30 h – Sala Baixo Pedra

A fabrica (20′)- Marcos Nine

Em companhia da morte (29’) – Vanessa Vilaverde, João Aveledo e Eduardo Maragoto

O partido (10’) – Adriana Perez Villanueva

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario