documental e loita veciñal en Galicia

Este sábado 20 de novembro as 20:00h na Casa Galega da Cultura. (Praza da Princesa, 2 Vigo)

Presentamos a segunda parte do ciclo documental e loita. Se o mércores pasado proxectamos unha serie de documentais sobre conflictos urbanísticos en diversas partes do estado, nesta sesión nos centramos en conflictos urbanos que aconteceron e están a acontecer en Galicia. Proxectarase:

Cine Clube Carlos Varela: As grabacións dos movementos e conflictos sociais a finais da década dos 70 en Galicia a través da mirada de Carlos Varela. Unha montaxe de Ramiro Ledo, que estará con nós na proxección.

As Hortas Urbanas de Feáns, A Coruña. Unha curtametraxe do colectivo desescribir sobre o traballo desenvolto durante o ano 2009 na creación dunhas hortas urbanas no barrio de Feáns, A Coruña coa colaboración dos veciños de Feáns e de do resto da cidade. Mais información aquí. Contaremos coa presencia de Felipe Riola de desescribir.

O Campanario, A Coruña. Unha curtametraxa do colectivo desescribir do ano 2009 sobre a visibilización e dignificación do barrio de O Campanario, afectado pola construcción dunha urbanización de chalets no marco do novo PXOM coruñés, que contou co apoio de numerosas asociacións e colectivos da cidade. Tedes mais información sobre este proxecto na páxina de desescribir e no blog.

A Casa das Atochas, en Monte Alto, A Coruña. Un documental do 2010 sobre o funcionamento deste Centro Social Okupado Autoxestiodo no corazón de A Coruña. Ademais tedes este enlace sobre a emocionante manifestación contra o seu desaloxo.

Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s