¿Sabes que podes vir a Curtopía a pé, en bici ou en autobus?
A pé: podes subir a pé dende Vigo, Beade ou Matamá. Dende Castrelos leva ó redor de 50 min facendo este percorrido.
Dende Beade ou Matamá tes outras opcións…
En Bici: hai dúas saídas programadas para subir en bici ó festival Curtopía:
– o sábado 27 ás 15:00 na praza de América (o festival comeza ás 16:00)
– o domingo 28 ás 11:00 da mañá (o festival comeza ás 12:00)
Propoñemos unha ruta que é a que facemos nós, neste enlace, por castrelos- estrada de valadares – camiño do laranxo – camiño da igrexa
A duración do percorrido ciclista Praza de América-Festival é do redor de 25-30 min indo con tranquilidade. Son pouco mais de 5km. A convocatoria é aberta. No punto de saída non haberá xente da organización xa que nós teremos que estar arriba moito antes, así que o percorrido e o momento de saída teredes que xestionalo os propios participantes.
TÓDOS AQUELES QUE VEÑAN EN BICI Ó FESTIVAL CONVIDARÉMOSLLES A DÚAS CONSUMICIÓNS PARA QUE REPOÑAN FORZAS… (mesmo se veñen da Garrida ou Vincios, claro.)
En autobús: A liña C7 do Vitrasa te deixa moi perto do festival. Tes que baixar na parada do “Baile vello”. Pregúntalle ó conductor. Dende alí subindo polo Camiño do Laranxo e a 200m, chegas o alg-a lab. Está indicado. Podes consultar aquí
PARA BAIXAR HABERÁ UN BUS ESPECIAL DE VITRASA ÁS 03:30 NA PARADA DO “BAILE VELLO”
En auto: se aínda así vas subir no coche, tes que aparcar ó redor da igrexa, non intentes subir ó festival en coche, xa que non hai onde aparcar. A igrexa está moi preto.
-Aparcamento para furgonetas e Campers: aparca na igrexa de Valadares, hai sitio chairo e tranquilo.