documental e loita veciñal en Galicia

Este sábado 20 de novembro as 20:00h na Casa Galega da Cultura. (Praza da Princesa, 2 Vigo)

Presentamos a segunda parte do ciclo documental e loita. Se o mércores pasado proxectamos unha serie de documentais sobre conflictos urbanísticos en diversas partes do estado, nesta sesión nos centramos en conflictos urbanos que aconteceron e están a acontecer en Galicia. Proxectarase:

Cine Clube Carlos Varela: As grabacións dos movementos e conflictos sociais a finais da década dos 70 en Galicia a través da mirada de Carlos Varela. Unha montaxe de Ramiro Ledo, que estará con nós na proxección.

As Hortas Urbanas de Feáns, A Coruña. Unha curtametraxe do colectivo desescribir sobre o traballo desenvolto durante o ano 2009 na creación dunhas hortas urbanas no barrio de Feáns, A Coruña coa colaboración dos veciños de Feáns e de do resto da cidade. Mais información aquí. Contaremos coa presencia de Felipe Riola de desescribir.

O Campanario, A Coruña. Unha curtametraxa do colectivo desescribir do ano 2009 sobre a visibilización e dignificación do barrio de O Campanario, afectado pola construcción dunha urbanización de chalets no marco do novo PXOM coruñés, que contou co apoio de numerosas asociacións e colectivos da cidade. Tedes mais información sobre este proxecto na páxina de desescribir e no blog.

A Casa das Atochas, en Monte Alto, A Coruña. Un documental do 2010 sobre o funcionamento deste Centro Social Okupado Autoxestiodo no corazón de A Coruña. Ademais tedes este enlace sobre a emocionante manifestación contra o seu desaloxo.

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

O documental como instrumento nas loitas veciñais

Este mércores 17 de novembro as 20:00 na Casa Galega da Cultura (Praza da Princesa, 2, Vigo):

O documental como instrumento nas loitas veciñais.
En primeiro lugar, mostrarase  “A Tornallom”, exemplo das consecuencias do proceso de reforma urbana de Valencia. Seguirá o documental “Las ocupas de San Bernardo”, sobre a resposta das veciñas dun barrio do centro de Sevilla, ante o abandono que sufren por parte das administracións. En terceiro lugar, teremos unha charla co antropólogo Juan R. Medela, do Grupo de Estudios Antropológicos ‘La Corrala’, e unha das persoas que está a denunciar o proceso de urbanización que acontece en Granada en “La casa del Aire”. É ademais co-autor do libro “Aprendiendo a decir no. Conflictos y resistencias en torno a la actual forma de concebir y transformar la ciudad de Granada”.
“La motivación para hacer un documental puede venir de diversas fuentes: puede ser un producto artístico, con intención de conmover, de impactar, de sorprender; puede ser un vehículo de entretenimiento, etc. Todas estas visiones colocan al documental como un fin en sí mismo. Sin embargo, no siempre prevalece esta visión. Otras veces estas creaciones se pueden convertir en medios de difusión de conflictos y problemáticas, herramientas de denuncia y formas de compartir experiencias. El documental como fin o como medio no es una dicotomía de opuestos. No tiene porqué ser un fin o un medio, sino que muchas de las veces, estas dos orientaciones se combinan, prestando atención tanto a cómo se dice como o qué se dice.
Esta jornada, bajo o título de “O documental como instrumento nas loitas veciñais” está orientada, precisamente, a esta segunda visión, la de ver el documental como un instrumento para llevar más lejos las voz de gente que por otros medios sería más difícil conseguirlo. Así, mediante el vídeo, las gentes, los colectivos, van dando forma a una herramienta de difusión a través de la cual puedan promocionar su lucha.
En esta jornada se presentan tres documentales que responden a una serie de características comunes: vídeo con mejor o peor formato, pero orientado a mostrar una realidad conflictiva en el seno de una transformación urbana, en un contexto desigual respecto a los recursos de que disponen unos (vecinos afectados) y otros (agentes inmobiliarios).”

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

Mundos subterráneos e Etnografía undreground en Curtopía

ABarlovento continúa coa súa escolma de curtas dentro do festival Curtopía…

Este sábado 13 de novembro 2010 ás 20:00 horas na Casa galega da Cultura (Praza da princesa, 2; o antigo Concello de Vigo)

Selección A Barlovento (II). Coas curtametraxes:

_Ven a Bens. Unha curta de Sandra Sánchez. 1992, 14′.

Escollida  como a mellor curta documental da década dos 90 en Galicia.

_Os señores do vento. Unha curta de Xurxo González Rodríguez. 2008, 10′

Premio Galicia do festival de cine de Vilagarcía

_Theremin Azulexo. Unha curta de David Castro. 2010, 12′

_Rural pretérito. Unha curta de Sonia e Miriam Albert Sobrino. 2010, 5′

Estrea en Curtopía 2010

Contaremos coa presencia dos seus e directores e directoras.

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

As curtas da etnografía underground en Curtopía 2010

A barlovento_asociación cultural e Curtopía presentan:

Unha verdadeira road-movie polas nosas estradas secundarias na procura dos seus enfants terribles: Os mundos subterráneos, a tradición e a etnografía galega transformadas en vangarda cultural a través da mirada e da procura destes persoeiros underground alleos ó mainstream. Miradas de esguello que nos descobren que as historias que coñecíamos pódense ver doutra maneira, que o que críamos coñecer ten outra mirada que desvelar. Non son mais verdadeiras que as acostumadas, son olladas oblicuas.

Este mércores 10 de novembro 2010 ás 20:00 horas na Casa galega da Cultura (Praza da princesa, 2; o antigo Concello de Vigo)

Selección A Barlovento I. Coas curtametraxes:

_A Señora María. Unha curta de Toño Chouza. 2009, 4′

_Entre Patifas. Unha curta de Pachi Baranda. 2007, 11′

para saber mais das patifas en ARDENTÍA. Revista Galega de Cultura Marítima e Fluvial nº3 .

_O mundo polas mans. Unha curta de Pachi Baranda. 2006, 5′

_Tempo da recolleita. Unha curta de Félix Blume. 2007, 30′

Contaremos coa presencia dos seus directores, con quen poderemos charlar tralas proxeccións no Café Alta Fidelidad, na praza da Constitución, a partir das 21:30

…e o próximo sábado 13 continuamos na casa Galega da Cultura con novas curtas…

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

Arranca Curtopia

Hoxe arranca a o festival vigués de curtas Curtopia, nas súas propias palabras:

Curtopía é un espazo imaxinado no que os novos creadores do eido audiovisual podan amosar e desenrolar o seu talento. Durante o mes de Novembro, Vigo transformarase nunha pequena illa dos soños e as realidades filmadas.Videoclips, curtametraxes, documentais, experimentación… imaxe e son mesturados nun novo festival emerxendo no Atlántico.

Dende A Barlovento vamos participar con dúas mostras, das que vos informaremos polo miúdo. De momento podedes mirar aquí: http://www.curtopia.es/programacion_demostra_documental.html

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario